Iniciar sesión
Menú

Reforzo emocional

    • esteban fernandez carreira
      esteban fernandez carreira

      Eu traballo con reforzo positvo para adquirir ou acadar conductas que lles costa instaurar algúns dos nenos da mila aula. Traballo nunha aula de educación infantil e este tipo recursos funcionan ben aínda que non a corto plazo, xa que require tempo e diferentes estratexias didácticas.

      • Meixús Filgueira, Cristina
        Meixús Filgueira, Cristina

        eu sin de secundaria, a orientadora do meu centro comentou na avaliación que unha alumna necesitaba reforzo emocional, pero non sei moi ben como chegar a ela, está en primeiro da ESO, ten a autoestima moi baixa, non se lle ve entre as gafas e o flequillo... podedes recomendarme algunha maneira de chegar a ela?

        • Marcos Piñeiro Pérez
          Marcos Piñeiro Pérez

          Non sempre é fácil decirlle ós docentes que a disciplina positiva pode funcionar moito mellor que a negativa. Bo artigo.

          • José Vicente Novegil Souto
            José Vicente Novegil Souto

            Tende en conta que agora somos profesores pero nun pasado fomos alunos e fomos entrenados máis no negativismo que no positivismo.  

            Eu teño claro que non podo transmitir o que non teño... e por tanto tamén necesitamos facer un esforzo en POSITIVIZARNOS OS PROFES/AS.....

            Pero hai que intentalo....

            • Rodríguez Castosa, Gemma
              Rodríguez Castosa, Gemma

              O artigo gustoume, pero o vídeo pareceume estupendo. Un calco da realidade cotiá. As familias, en ocasións, máis das que deberían, por falta de tempo quizais, deixan de lado aspectos básicos que inflúen, sen dúbida, nas emocións dos seus fillos. O diálogo con tempo leva ás familias a unha complicidade que permitirá que os seus fillos/as expresen aquelo que lles enfurece, ponos triste o fan que saltende ledicia. Se é importante en calquera etapa da nosa vida, como non o vai ser na infancia!

              Vendo ó neno protagonista do vídeo, lebreime de cando miña nai me espertaba pola mañá. Esa dulzura coa que me daba os bos días e apartaba as cortinas para que entrara a luz, facía que recibira o novo día cun soriso; soriso que desaparecía soamente pensar en Dona Luz, a miña mestra de 3º de E.X.B. Era das que pensaba que ¡niños la letra con sangre entra! e aínda que eu non tiña ningún problema con ela, poñíaseme un nó no estómago escoitando como lles berraba a compañeiras que non sabían ler ben, non seguían o ditado ou se equivocaban nos problemas de matemáticas.

              Quero dicir con isto, que aínda que o papel do docente, afortunadamente, cambiou moito, segue imperando o reforzo negativo ou castigo. Sen dúbida, penso que, ás veces, é necesario, pero por experiencia, tanto como alumna como, como profesora, podo asegurar que o reforzo positivo abre moitas máis ventás que os castigos; e non tan só porque os resultados sexan mellores, senón porque hai motivación nos nosos alumnos/as, importante e imprescindible, na actividade escolar.

              Por último dicir, que se un neno ou nena non é capaz de expresar as súas emocións é porque algo falla tanto a nivel familiar como escolar; de aí, tamén, a importancia da coordinación entre ambos.

              Posiblemente, Meixús, á túa alumna de 1º de ESO, lle estea ocurrindo algo parecido. Idade difícil, tránsito da Educación Primaria á Secundaria, novos compañeiros... Descoñezo a súa situación familiar pero ti si eres a súa titora seguro que podes saber se conta co seu apoio e comprensión o si pola contra é un gran de area dentro dese deserto que parece que está atravesando, case sen auga ("non se lle ve entre as gafas e o flequillo")

              Seguramente a orientadora che pode axudar e no mercado hai moita bibliografía ao respecto. Podo citarche algúns como: La autoestima, un pasaporte para la vida, El niño que perdió su nombre ou Aprende a quererte.

              Espero que che sexan de axuda.

              Un saúdo.